O Concello de Padrón abre o 25 de maio a inscrición para o Campus Deportivo de Verán

18 Maio 2026

O Concello de Padrón presenta unha nova edición do Campus Deportivo de Verán, unha iniciativa que cada ano reúne a rapazada para desfrutar do deporte, da natureza e da convivencia durante as vacacións estivais.

O campus desenvolverase entre o 22 de xuño e o 30 de xullo, en horario de luns a venres, e estará dividido en dúas quendas: a primeira irá do 22 de xuño ao 10 de xullo, e a segunda do 13 ao 30 de xullo.

Está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2020, ambos os dous incluídos, e este ano contará cun total de 120 prazas, repartidas en 60 por quenda. A matrícula terá un custo de 30 euros por participante e por quenda, aplicándose descontos no caso de irmáns. Así, custará 25 euros para o segundo irmán/a e 20 euros para o terceiro/a e seguintes.

As inscricións deben realizarse no rexistro do Concello de Padrón. Do 25 ao 31 de maio estará aberto o prazo para as persoas empadroadas no municipio, mentres que do 1 ao 7 de xuño poderán inscribirse participantes doutros concellos.

As prazas asignaranse segundo a orde de entrada no rexistro municipal e a listaxe de admitidos e admitidas publicarase o 9 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello e tamén na páxina web municipal, www.padron.gal.

Para formalizar a inscrición, os pais, nais ou titores deben entregar a ficha de inscrición cuberta e asinada. No caso de solicitar matrícula reducida para irmáns, tamén teñen que achegar unha fotocopia do libro de familia. Unha vez admitidos, será necesario realizar o pago na conta de Abanca ES13 2080 5493 1631 1010 0019 e entregar o xustificante do banco na oficina de deportes do Centro Social antes do inicio do campus.

Neste, os rapaces e as rapazas poderán participar nunha ampla oferta deportiva que inclúe ciclismo, baloncesto, fútbol sala, tenis, sendeirismo, multideporte, xogos populares ou actividades acuáticas na piscina da Escravitude. Ao longo do campus tamén se realizarán saídas á área recreativa de Lamas, en Estramundi; propostas de aventura no Galipark; subida ao Monte Santiaguiño, e, como colofón en cada quenda, unha excursión ao Aquapark de Cerceda, esta última con transporte incluído.

Todas as actividades terán como lugar de partida o pavillón do grupo escolar, agás nos casos das actividades que teñan lugar noutras instalacións como a piscina da Escravitude, no Galipark ou na área recreativa de Lamas, onde a rapazada participante deberá ser levada e recollida polas familias.

Para o correcto desenvolvemento do campus recoméndase levar roupa deportiva, gorra, auga e protección solar, así como roupa de baño, chanclas e toalla ou bicicleta e casco para as xornadas específicas.

O calendario de actividades, as bases de participación e a ficha para inscribirse poden descargarse na páxina web municipal, na ligazón habilitada.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.