O Concello de Boiro saca a licitación obras para a reparación da cuberta no Centro Social de Cabo de Cruz

14 Maio 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro deu luz verde ás obras para a reparación da cuberta do Centro Social de Cabo de Cruz, unhas actuacións que ascenden aos 203.999,93 euros e que contan co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos).

Dende o Concello explican que “na actualidade o centro atópase nun estado de deterioro debido aos problemas estruturais, contando con filtracións de auga que impiden o desenvolvemento de arranxos e acondicionamento interior”. As actuacións programadas con este proxecto son “a reparación e impermeabilización da cuberta e selado de cubos que favorecen a filtración de auga”.

Tamén se vai a facer o arraxo dos accesos co levantado do pavimento e a impermeabilización así como a substitución de canelóns e baixantes de aluminio. A obra completarase no interior coa reposición do falso teito e reparación da pintura por humidades.

Segundo o Concello, estas obras son unha primeira fase para o arranxo íntegro do centro e eliminar así as filtracións de auga existentes e poder continuar cos arranxos interiores do mesmo. “Estamos a traballar nun programa para a renovación de todos os centros sociais do municipio que vai dende reparacións estruturais a pequenos arranxos para mellorar os servizos que se prestan nos distintos centros”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.