O Goberno local propón para o seu debate e aprobación no pleno da Corporación o emprego de 1.227.654,68 euros do remanente para a execución de pavimentados en varios puntos do termo municipal e outros proxectos.

No caso dos pavimentados vanse realizar actuacións para a renovación en varias rúas do núcleo urbano de Boiro, por importe de 496.769,37 euros. Este proxecto contempla o asfaltado da avenida da Constitución, dente a rotonda da avenida de Compostela ata a rotonda de Espiñeira; tamén contempla o pavimentado dun tramo da rúa Norberto Pijuán con Vimieiro; un tramo da rúa Estatuto de Galicia e a rúa Dereitos Humanos; e unha vía no Boiro de Arriba.
Contemplase tamén a renovación do pavimento e mellora de recollida de pluviais na Agra Vella en Cabo de Cruz, unha obra dun importe de 118.595,57 euros. Trátase dunha actuación mediante a que se vai actuar na mellora da rede de recollida de pluviais e a renovación da capa de rodaxe asfáltica, que se completará con sinalización horizontal.
Vaise executar un pavimento en Lampón, na estrada que vai de Peralto ao Porto e na rúa Padre Joseba Beobide, por un importe de 77.448,99 euros. Trátase de “dúas estradas que, na actualidade, presentan un avanzado estado de deterioro agravado polas choivas deste inverno”, explicou o Goberno local.
Tamén se propón a renovación do pavimento en Abanqueiro no acceso á Aldea Vella dende a DP1101, unha actuación de 98.472,33 euros. Vanse executar os traballos previos de limpeza para a reposición do pavimento asfáltico, a posta a cota dos rexistros existentes e finalizar coa sinalización horizontal.
En canto aos proxectos que se pretenden levar a cabo mediante esta aprobación de créditos son a impermeabilización da praza do Concello e a zona periférica, unha actuación de 232.325,83 euros. Trátase dun proxecto mediante o que se lle vai dar cabida a pequenos nichos destinados a aloxar urnas de cinsas.
Contemplase tamén o importe correspondente á achega municipal para a creación dunha aula gastronómica na Praza de Abastos de Boiro, unha actuación de 159.263,12 euros.
O Concello de Boiro ten concedida unha subvención para levar a cabo na aula multiusos do Mercado Municipal unha aula gastronómica que permitirá realizar funcións de obradoiro, cociña formativa e eventos gastronómicos.
O outros dos proxectos que se vai levar a cabo é no Cemiterio Municipal de Boiro, onde se proxecta a instalación dun bloque de oitenta columbarios, unha actuación dun importe de 44.779,47 euros. A finalidade desta actuación é “impermeabilizar a praza así como as terrazas laterais da Casa Consistorial para evitar as filtracións de auga que se producen no aparcamento municipal e nalgúns puntos do almacén da praza de abastos e local anexo ao mercado”, informou o Concello.



