O Concello de Boiro abre o prazo de preinscrición para o Campamento Concilia de Verán 2026

04 Maio 2026

O Concello de Boiro abre o prazo de preinscrición para o Campamento Concilia de Verán 2026 que se desenvolverá entre o 1 e xullo e o 28 e agosto. A preinscrición pode facerse entre o 5 e o 19 de maio.

O campamento desenvolverase en catro sedes distintas: nas instalacións do CEIP Santa Baia, no CEIP de Abanqueiro, no CEIP de Cespón e no Centro Social de Cabo de Cruz. O servizo levarase a cabo de 8.00 a 14.00 horas ou de 10.00 a 14.00 horas durante un ou dous meses.

Ofértanse un total de 220 prazas distribuídas entre os diferentes centros. O desenvolvemento das actividades estará baseado en técnicas de intervención participativas e activas, mediante as que se fomente a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas e con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas.

O prezo de participación será de 150 euros/ mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas e 110 euros/mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas, podéndose aplicar descontos nos casos de segundos irmáns, familias monoparentais ou persoas en exclusión social.

O prazo de preinscrición estará aberto entre o 5 e o 19 de maio e debe facerse mediante o rexistro xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro e a documentación está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.