O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Boiro) acolle este sábado un obradoiro de lapiseiros prehistóricos

14 Maio 2026

Este sábado 16 de maio o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) vai acoller un obradoiro de lapiseiros prehistóricos para a rapazada. Desenvolverase en dúas quendas: ás 11.30 e ás 17.00 horas. Terá unha hora de duración.

As inscricións cómpre formalizalas a través da web do centro.

A actividade vai destinada a rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos. Durante a sesión a rapazada aprenderá sobre os inicios da agricultura e a gandaría e descubrirá diferentes técnicas de decoración da cerámica prehistórica. Ademais, terá a oportunidade de modelar un lapiseiro de barro, inspirándose nas decoracións características da época, para levar de recordo da actividade.

Organiza o propio Centro Arqueolóxico coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...