O C.C.D. Taragoña organiza dous torneos con 56 equipos polo seu cincuenta aniversario

31 Maio 2026

O C.C.D. Taragoña celebrará en 2026 dous torneos conmemorativos polo seu cincuenta aniversario, cun total de 56 equipos xa inscritos entre as categorías base e o fútbol feminino.

O segundo Torneo de Fútbol Base disputarase os días 20, 27 e 28 de xuño nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, mentres que o II Torneo de Fútbol Senior Feminino celebrarase o 6 de xuño en formato fútbol 7. A organización convida á participación de equipos de toda Galicia e tamén de Portugal.

En total tomarán parte 16 equipos en prebenxamíns, 16 en benxamíns, 16 en alevíns e 8 en feminino. O club destaca que estas citas forman parte do programa conmemorativo do seu medio século de vida e buscan reunir deporte, convivencia e proxección para a canteira e o fútbol feminino.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.