O alcalde de Boiro visita este martes á veciñanza de Cures

25 Maio 2026

Esta semana prosegue nas parroquias de Boiro a xira de encontros veciñais e participativos do Goberno local, baixo o lema Un café co alcalde. A nova parada será este martes 26 de maio, ás 20.00 horas, no Centro Social de Cures.

Esta será a sexta parroquia que visiten o rexedor (José Ramón Romero) e mailo seu equipo no marco destes encontros coa veciñanza que teñen como finalidade que os veciños e veciñas de cada parroquia poidan poñer de manifesto as necesidades conxuntas de cada núcleo. Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade á veciñanza de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de desprazarse ao Concello.

Estas reunións son un complemento das xuntanzas que o alcalde e demais membros do goberno manteñen semanalmente de xeito individual con veciños e entidades que así o solicitan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.