O 30 de maio celébrase a primeira Festa da U.D. Queiruga

06 Maio 2026

A Unión Deportiva Queiruga (O Porto do Son) compartiu o cartel da súa festa do 30 de maio, a primeira edición dunha serie de celebracións deportivas, gastronómicas e culturais que se prevé longa. Será no Campo de Fútbol de Queiruga, a partir das 10.00 horas. A cita comezará cunha andaina de dúas dificultades (unha de 13 quilómetros e outra máis pequena de 8) e incluirá tamén unha xuntanza cabalar de 20 quilómetros (previa inscrición por correo electrónico ou presencialmente no Bar Constatino, incluíndose tamén o pago dunha cota de 10 euros).

Ás 14.30 horas do 30 de maio está prevista unha gran churrascada e paellada (20 euros para adultos e 12 para menores de 12 anos, con compra de tíckets anticipada no Bar Constantino), e pola tarde sobre as 17.00 horas dará comezo o bingo para maiores e máis o bingo infantil. Polo serán, sobre as 20.00 horas, haberá música con DJ Tatami, Mateo Abelleira, e DJ Yisus. Organiza a U.D. Queiruga coa colaboración do Concello do Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.