Novas concentracións da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza: na Pobra, en Ribeira, en Aguiño e en Rianxo

27 Maio 2026
Foto de arquivo dunha das concentracións celebradas en Aguiño

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza informou de novas mobilizacións nesta recta final de maio e nos primeiros días de maio, dirixidas novamente a reclamar unha sanidade pública de calidade, tanto na comarca coma no resto de Galicia.

-Este xoves na Pobra celebrarase unha asemblea ás 20:00, no Teatro Cine Elma para “analizar a situación” sanitaria no concello. “Estamos a espera da resposta da Valedora do pobo”, indican dende a Plataforma.

-Este xoves haberá tamén unha concentración ás 12.00 horas no Centro de Saúde de Ribeira. Segundo confirman dende Plataforma, “continúan sen cubrir unha praza de tarde de medicina de familia e outra de tarde de enfermería de adultos”.

-Este venres 28 de maio ás 11:30 celebrarase unha concentración en Aguiño pola cobertura da praza de medicina de familia no Centro de Saúde que leva sen cubrirse dende novembro, e ás 12 na Pobra pola apertura do PAC de tarde os días laborais.

-O martes 2 de xuño ás 19 horas convocouse unha concentración en Rianxo, pola apertura do PAC de tarde os días laborais.

-Ademais, o xoves 4 haberá concentracións en toda a xeografía galega para denunciar as listas de agarda hospitalarias. A nosa será ás 12 no hospital.

Como vén sendo habitual, boa parte dos actos programados inclúen a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e “precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava coa chegada inminente da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicas/os de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixen máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.