No Son, o Concello lembra á veciñanza a obrigatoriedade de manter limpas as franxas de biomasa arredor dos núcleos

11 Maio 2026

O Concello do Porto do Son emitiu un comunicado no que lembra á cidadanía a importancia de manter limpas de maleza, árbores e vexetación que “supoñan risco de incendio” todas as parcelas fincas, leiras ou terreos en zonas afectadas polas faixas de protección contra os lumes forestais. Podemos consultar se a nosa propiedade está afectada no visor da Xunta de Galicia.

“En cumprimento da normativa existente, as faixas secundarias de xestión de biomasa deben estar completamente limpas antes do 31 de maio”, recórdase no comunicado, poñéndose o foco en que “a responsabilidade da limpeza corresponde ás persoas propietarias dos terreos” e que “o incumprimento desta obriga pode dar lugar á execución subsidiaria por parte do Concello e á imposición das sancións previstas na lei”.

Segundo establece a lei, é obrigatorio actuar nunha franxa de 50 metros arredor do solo urbano, vivendas e instalacións, mantendo os terreos libres de maleza e de determinadas especies arbóreas. Esta obriga aplícase en solo urbano, núcleos rurais e zonas urbanizábeis.

A veciñanza as parroquias priorizadas de Nebra, Baroña, Ribasieira, Caamaño e Xuño pode formalizar de xeito voluntario o contrato coa empresa pública SEAGA para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas dentro das devanditas franxas de protección.

Para calquera dúbida ou consulta de información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais no 981 867 412.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...