Galicia afrontará este mércores unha xornada marcada polo dominio das altas presións e a entrada de aire moi cálido desde o sur, o que deixará temperaturas moi elevadas para a época.
Os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poderán dar lugar a chuvascos localmente treboentos nas últimas horas do día.
As temperaturas mínimas subirán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un ascenso moderado(31 graos). O vento soprará frouxo do nordés no litoral norte e do sur-suroeste no resto do territorio.

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.


