Julio Abalde destaca en Carnota o valor cultural e identitario dos hórreos

04 Maio 2026

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, visitou este luns 4 de maio, o hórreo de Carnota acompañado polo alcalde do municipio, Juan Manuel Saborido, e pola concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Benestar, Xuventude, Infancia e Educación, María Mercedes Noceda, para poñer en valor un dos grandes símbolos do patrimonio popular galego.

A visita produciuse tras a recente aprobación polo Consello de Ministros do Real Decreto polo que os hórreos do norte da península ibérica foron declarados Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, recoñecendo así o seu papel como vehículos de transmisión cultural e expresión simbólica das identidades colectivas.

Julio Abalde destacou que “os hórreos forman parte da nosa memoria colectiva e representan a unión entre tradición, territorio e comunidade”. Neste sentido, subliñou que esta declaración “permite protexer non só as construcións, senón tamén os saberes, os usos sociais e os vínculos emocionais que as rodean”.

Lembrou que o hórreo de Carnota é unha das imaxes máis recoñecíbeis do municipio e un dos principais atractivos turísticos da comarca. Construído en 1768 e ampliado en 1783, conta con 34,76 metros de lonxitude e 22 pares de pés, o que o converte no máis grande do “estilo Noia” en Galicia. Declarado Monumento Nacional, recibe cada ano milleiros de visitantes.

Recordou tamén que no conxunto do concello de Carnota están inventariados arredor de 900 hórreos, “mostra da profunda vinculación deste territorio coa arquitectura tradicional e coa cultura agraria.” Xunto ao de Carnota, destaca tamén o hórreo de Lira, outro dos grandes referentes patrimoniais do municipio. No Barbanza, merece tamén distinción o de Araño (Rianxo), que é, de entre todos os estilos, o máis longo de toda Galicia (36’75 metros a cámara e 37’05 m o celeiro).

O subdelegado lembrou que estas construcións naceron para gardar e conservar as colleitas, protexéndoas da humidade e dos animais, mais hoxe representan tamén “un legado vivo que conecta xeracións e reforza a identidade local e galega”. Julio Abalde puxo en valor o compromiso dos veciños e veciñas e das administracións coa conservación deste patrimonio, e asegurou que “preservar os hórreos é preservar unha forma de entender a nosa historia e o noso futuro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.