Alarma nun garaxe de Marcial de Adalid en Ribeira por intensa fumareda

07 Maio 2026
O Barbanza

Os bombeiros de Ribeira interveñen no interior dun garaxe na rúa Marcial de Adalid

Os efectivos do parque comarcal de Ribeira acudiron esta mañá á chamada dunha intensa fumareda no interior dun garaxe con acceso pola rúa Marcial de Adalid.

O fume produciuse nunha das plantas de aparcadoiro dun edificio situado na zona de Cristóbal Colón, aínda que o acceso dos servizos de emerxencia realizouse polo lateral da costa que comunica Marcial de Adalid coa rúa Rosalía de Castro.

Segundo as primeiras informacións, a alarma dun posible incendio orixinouse nunha das prazas cando un conductor deixou o coche encendido. Todo apunta a que a combustión orixinada xerou unha intensa fumareda no interior do garaxe .

A rápida intervención dos bombeiros permitiu controlar a situación sen causar danos no aparcadoiro, no que se atopaban estacionados preto dun cento de vehículos.

Polo momento non transcenderon danos persoais, aínda que a acumulación de fume obrigou a extremar as medidas de seguridade durante as tarefas de extinción e ventilación do espazo.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...