Gadis reinterpreta o legado de Begoña Caamaño cun caderno con ilustracións inspiradas na súa obra

08 Maio 2026

Gadis presentou as accións culturais que leva a cabo con motivo do Día das Letras Galegas no supermercado da rúa Barcelona de Vigo, cidade de orixe de Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano no 17 de maio. A campaña, indicou a empresa, será “un tributo á figura e á pegada da escritora e xornalista viguesa, ademais dun recoñecemento á cultura de todos os galegos e galegas”.

Temos todos os detalles da iniciativa, que volve contar co apoio da Secretaría Xeral da Lingua, na web www.gadisletrasgalegas.gal.

A campaña inclúe a publicación de Lenzos, as letras en cor, un caderno baseado nos libros Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, onde a xornalista e escritora recreou os mitos para darlles novas lecturas, máis abertas e contemporáneas.

O vindeiro sábado 16 de maio, a cadea de supermercados entregará de forma gratuíta, ata fin de existencias, 30.000 unidades de Lenzos, as letras en cor, ademais de 40.000 marcapáxinas e 40.000 bolsas de papel con deseños especiais conmemorativos desta celebración.

Na web www.gadisletrasgalegas.gal pódese descargar a versión dixital das diferentes láminas que compoñen o caderno coa chamada “Deixa voar a imaxinación e entra nun mundo onde as letras tamén se transforman en cores. Porque ás veces, cando un lenzo se enche de cor, a historia goza dunha nova vida”.

Homenaxe a Begoña Caamaño

Gadis fixo unha entrega simbólica deste material cultural a Beatriz e Carmen Caamaño, irmá e sobriña, respectivamente, de Begoña Caamaño, nun emotivo encontro no que se puxo en valor a figura da autora e xornalista viguesa que entendía a cultura como algo vivo, que se cuestiona e se reescribe.

“Quixemos estar hoxe en Vigo, cidade de orixe de Begoña, coa súa irmá Beatriz, como un recoñecemento a súa figura e obra. Entendemos a cultura galega como algo noso, no que todos os galegos e galegas temos cabida. Desde fai moitos anos, as nosas bolsas da compra enchen de cultura miles de fogares da nosa comunidade nestas datas”, explican desde a empresa 100% galega.

Na xuntanza participaron, por parte das institucións, María Coutinho, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, e Patricia Iglesias, concelleira delegada de Atención á Cidadanía do Concello de Vigo. En representación de GADISA Retail, Pablo Louro, delegado de área en Pontevedra, José Luis Fernández Astray, director de Comunicación, María Eimil, coordinadora de Comunicación, e Mª Teresa Pérez, encargada do supermercado.

Dinamización cultural de Galicia

Gadis lembrou que o impulso da cultura é un dos seus máis firmes compromisos. De feito, máis do 30% das accións do seu plan de Responsabilidade Social Corporativa están vencelladas á cultura. Neste eido, destaca o seu apoio á literatura e a os autores que escriben en galego. Nos últimos vinte anos, a compañía editou 430.000 exemplares, potenciando a obra de autores consagrados e das novas promesas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.