Falece de parada cardíaca unha muller no porto de Ribeira

06 Maio 2026

O porto de Ribeira volve estar de loito este mércores. Este 6 de maio a primeira hora da mañá unha das persoas usuarias das instalacións portuarias deu aviso ao 112 pola presenza dunha muller indisposta nas instalacións do porto. Resultou ser unha veciña de Ribeira de 58 anos, segundo confirmaron os corpos policiais (Policía Local e Policía Nacional), que acudiron ao lugar co persoal médico do PAC de Ribeira, co GAEM (Protección Civil) e con profesionais das ambulancias do 061. Os profesionais sanitarios traballaron durante arredor dunha hora pero non puideron facer nada para reanimar a muller, que acabou falecendo por parada cardíaca. O levantamento do cadáver levouse a a cabo sobre as 15.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...