Entregados os premios da campaña Merca no teu Comercio na Pobra do Caramiñal

26 Maio 2026

A Praza do Emigrante de A Pobra do Caramiñal acolleu na mañá deste martes 26 de maio a entrega dos premios correspondentes á campaña Merca no Teu Comercio, que se desenvolveu entre o 1 e o 15 de maio nos municipios de A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Portosín, cun total de 3.360 tíckets rexistrados.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

Merca no Teu Comercio ten Premio é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de A Pobra do Caramiñal e a Asociación de Empresarios de Portosín.

Na entrega de premios desta mañá participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, José Antonio Seijas Castro, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; o seu homólogo na Asociación de Empresarios de A Pobra, José Antonio Vidal; Luis Fernández, secretario xeral da Federación Galega de Comercio; e María Elisa Alfonso, directora de oficina de Abanca na Pobra; e outros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.