En Boiro, fan balance positivo do Proxecto EnClave para o benestar do alumnado

28 Maio 2026

O Consello Escolar Municipal do Concello de Boiro pon en valor o Proxecto EnClave como estratexia fundamental para fomentar hábitos de vida saudábeis, fortalecer as competencias socioemocionais e previr o acoso escolar. O alcalde, José Ramón Romero, e as concelleiras, Carmen Silva e María Outeiral, presidiron a sesión celebrada na mañá deste xoves 28 de maio, na que se fixo balance do curso 2025/2026.

O eixo central do Consello Escolar Municipal foi facer un reconto do Proxecto EnClave que neste curso 2025/2026 recibiu un premio no IX Concurso de Boas Prácticas Municipais na prevención e intervención fronte ao absentismo e na mellora da convivencia escolar.

“Este premio é o resultado do bo facer de toda a comunidade educativa que se implica en mellorar cada ano os programas deste proxecto para atallar as necesidades detectadas no ámbito educativo”, recoñeceu o alcalde.

Pola súa banda, o persoal técnico explicou a avaliación realizada dos distintos programas realizada tanto polos profesionais que os imparten como polos equipos directivos e anunciou os programas que se van a seguir desenvolvendo para o vindeiro curso. Neste senso o peso do Proxecto seguirá recaendo nos programas de prevención do acoso escolar e saúde mental; pero tamén continuarán os programas de Screening Visual e detección temperá de dislexia e TDA/H.

A maiores para o curso 2026/2027 vaise implementar un proxecto piloto mediante un convenio con Alar Galicia para a prevención de condutas aditivas de pantallas ou consumo de sustancias.

“O Proxecto EnClave é un programa que se vai adaptando ás necesidades detectadas nos centros e que se vai modulando segundo as propostas dos axentes educativos”, afirmou a concelleira Carmen Silva.

Nesta sesión do Consello Escolar Municipal tamén se tratou o Camiño Escolar Seguro, que na actualidade tiña un trazado provisional mentres non se rematen as obras para a dotación de beirarrúas na avenida da Constitución; e tamén se trataron outros temas como as axudas ás ANPAS para o desenvolvemento de actividades.

O Consello Escolar Municipal ten como finalidade detectar e dar solución aos problemas e necesidades xurdidas no ámbito educativo. Este órgano, no que está representada toda a comunidade educativa do municipio, está en condición de ofrecer unas perspectivas de interese xeral que axuden a clarificar e resolver aquelas problemáticas detectadas no eido escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...