“Eleccións anticipadas ou manter tensións ata 2027” – Antón Luaces

30 Maio 2026

Dicir que non hai -coa actual composición da Cámara baixa- a posibilidade de conformar en España un goberno maioritario, non é outra cousa que recoñecer unha realidade constatable desde Pedro Sánchez decidiu seguir á fronte do Executivo. Por este motivo ten un ¿valor? o feito de que o actual presidente estea decidido a esgotar o seu mandado, é dicir: asumir que ten que seguir botando man do seu “manual de resistencia” con case que todo e hemiciclo en contra. Quen pode facer esto cando en teoría son moi poucos os votos que no Congreso dos Deputados o apoian?.

Pode un home acusado pola oposición de cometer ou ter consentido a comisión de graves infraccións -cando non delictos- ter motivos para se expoñer a continuar ou a unha outra elección para, presumiblemente, verse sobmetido novamente ao calvario da negociación constante para a aprobación dun programa de Goberno que permita a este país tan afeito ao pasar mal manter a cabeza ergueita?.

Teño para min que en tal decisión só pode influir a crenza firme no país a gobernar. Porque tanto Junts coma o PNV xa non -ou aínda non- queren falar dunha posible moción de censura (o medo é libre) malia consideraren necesario que os españois deben falar xa nas urnas. Porque non decae a presión no PSOE por parte dos que avalaron a investidura de Pedro Sánchez e que tampouco están satisfeitos coa situación actual. É a convocatoria de eleccións anticipadas a solución?. Admitirían PSOE, Junts, PNV, Sumar, Podemos, ERC, Coalición Canaria, BNG, Compromís ese adianto electoral, sabedores das moitas opcións que se barallan dunha alianza PP-VOX pouco ou nada favorable á pervivencia dos nacionalismos e determinados modelos de goberno?. 

O medo é, efectivamente, libre.

O pasado xoves, Junts, ERC, Compromís, BNG e Podemos solicitaron a comparecencia do presidente do Goberno no Congreso, pouco dempois de que fixera o mesmo o propio Pedro Sánchez. Será o 24 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.