“Día de Europa, simbolo de paz e unidade co mar coma obxectivo?” – Antón Luaces

09 Maio 2026

Os europeos, especialmente aqueles que vivimos de cara ao mar e tan directamente dependemos da pesca, conmemoramos hoxe o Día de Europa, desta vez nunhas circunstancias non moi favorables -e por diversos motivos- para os intereses pesqueiros de Galicia. E aínda así, disque cómpre recoñecer que tal celebración significa ser a expresión do que ven ser un símbolo de paz e unidade que, en ocasións, custa un mundo levar a feliz termo.

Para Susan Steele, directora  executiva da Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA), con sede en Vigo -único organismo da Unión Europea asentado en Galicia e unha das cinco axencias da propia UE que hai en territorio español- “a cooperación política en Europa facendo que a guerra entre nacións europeas sexa algo inconcebíbel” é unha proposta que se ten moi en conta nun tempo no que, sen embargo,  a voz de Europa non sempre é única nen direccionalmente dirixida por culpa de xestores como os de Israel, Hungría ou Bielorrusia, convertidos en muros que evidencian unha desunión que a EFCA non pode salvar por sí mesma e menos na materia da súa responsabilidade.

É certo que, após a II Guerra Mundial, os europeos tomamos a decisión de percorrer xuntos os camiños do vello continente, “apostando pola cooperación, a democracia e a solidariedade como bases dun futuro mellor”, máis este aserto de hoxe  da directora da Axencia Europea da Pesca non sempre é unha realidade debido a que os intereses dalgúns Estados membros non gardan os límites da unión para se converter en defensas do seus propios intereses. Máxime, repito, en materia pesqueira.

España asinou en 1986 a súa adhesión á UE co pensamento posto en que, recén saída da ditadura franquista, accedía a unha comuñón  de solidariedade, percepción pouco doada de manter nun mundo no que,  en cuestións de dereitos de pesca, por exemplo, escasamente se fixo realidade. Os valores democráticos e o desexo nalgúns aspectos compartidos de aportaren crecemento económico, seguridade e calidade de vida, convertéronse nestes 40 anos de andar xuntos -máis ou menos- eses  camiños foron pasos “miudiños, miudiños” que levaron a que máis do 50% dos barcos de pesca españois (velaí Galicia) daquela época, foran ao despece por carencia de posibilidades de pesca que outros estados membros da UE non perderon. Os peiraos galegos son a proba: hai tantos barcos a eles amarrados como os que poden saír pescar coa seguridade de poder facelo sen que alguén os sancione.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...