Galicia despedirá maio baixo a influencia anticiclónica, cunha xornada de ceos pouco alterados e nubes altas que non impedirán en xeral o paso do sol.
As temperaturas mínimas baixarán lixeiramente, mentres que as máximas permanecerán sen cambios(26 a 28 graos). O vento soprará frouxo de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.


