É evidente que un dos varios problemas que afectan hoxe en día aos galegos (ao igual ca o resto dos españois) é o da vivenda, un dereito que a todos nos atinxe neste noso país e que a Constitución Española, no seu artigo 47, garante para o desfrute dun fogar dino e axeitado e que nos tratados internacionais aparece coma un dereito humano fundamental. A Constitución impón aos poderes públicos a obriga de regular o solo , previr a especulación e fomentar o acceso a vivendas accesíbeis, fundamentalmente ao través da Lei 12/2023 polo Dereito á Vivenda.
Este dereito implica seguridade de tenenza, habitabilidade, disponibilidade de servizos básicos, asequibilidade e ubicación axeitada.
A Lei de Vivenda citada introduce medidas para frear o prezo do aluguer, protexe a inquilinos vulnerábeis e define aos “grandes tedores” en zjknas de mercsdio tensiionado como son, entre outros, os de Santiago de Compostela e A Coruña, en Galicia.
Por que, daquela, a presidenta da comunidade de Madrid pode dicir con tranquilidade que os españois non queren vivendas dese tipo?.
Aínda que é un principio reitor en España, non é un dereito fundamental esixíbel directamente perante tribunais da mesma maneira que o dereito á educación ou á saúde , senón que vencella aos poderes públicos para a súa implementación.
O Goberno tenta blindar a nova VPO para sempre e triplicar o investimento ata 7.000 millóns de euros de cara a 2030, cunha aportación do 40% das Comunidades Autónomas. Era o Plan Estatal de Vivenda, mais Madrid foi a primeira Comunidade Aujtónoma en se opoñer a este plan alegando que o Ministerio “invade competencias”, algo que non asume oficialmente a Xunta de Galicia





