Conta atrás en Portosín para a saída do Campionato de España de ILCA Máster

07 Maio 2026

Juan Caballero (texto e fotos). Este venres 8 de maio solta amarras desde as instalacións do Real Club Náutico Portosín o Campionato de España de ILCA Máster, destacada competición no panorama velístico nacional debido ao brillante nivel dos seus participantes, entre os que se atopan tres ouros e varios diplomas olímpicos, campións do mundo e unha excelente representación da comunidade galega.

Do mesmo xeito que xa acontecera en 2021, cando o Real de Portosín albergou a edición dese ano, a calidade técnica e deportiva dos participantes é excelente, preparados todos os deportistas, preto de 70 entre todas as categorías do ILCA Máster, para competir ata o vindeiro domingo nas augas da ría de Muros e Noia.

Na desagregación e por categorías atopamos que en Máster tomarán parte 22 participantes; en Grand Máster, 28; en Great Grand Máster, 8; e en Apprentince Máster, 5, tanto en ILCA 6 como no 7, ambas as modalidades de competición olímpica, sendo 48 para os primeiros e 18 para os segundos.

Desta maneira considérase Aprendiz Máster, tanto en ILCA 7 (masculino) e ILCA 6 (masculino e feminino) aos regatistas entre 30 e 44 anos. Máster en ILCA 7 (masculino) e ILCA 6 (masculino e feminino) aos regatistas entre 45 e 54 anos. Grand Master en ILCA 7 (masculino) e ILCA 6 (masculino e feminino) aos regatistas entre 55 e 64 anos. Great Grand Master en ILCA 7 (masculino) e ILCA 6 (masculino e feminino) aos regatistas entre 65 e 74 anos. E Legends, en ILCA 6, aos maiores de 75 anos.

Durante as tres xornadas o top na auga está previsto ás 12 do mediodía e a entrega de premios, o domingo ao 17.00 h.

O Campionato de España de ILCA Máster, arrincou este xoves 7 de maio co protocolo de medicións e confirmación de participantes, xerando gran ambiente e movemento de medidores, xuíces e deportistas nas instalacións do Club.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...