Comunei​ros da Pobra denuncian a morte de quince xatos por ataques de lobos en San Isidro

26 Maio 2026

Os comuneiros de San Isidro, na parroquia pobrense de Posmarcos, denuncian unha vaga de ataques de lobos que nas últimas semanas acabou coa vida de quince xatos, xerando preocupación e perdas económicas entre os gandeiros da zona.

O último caso produciuse hai apenas uns días. O propietario do animal, Luis Pose Lariño, asegura que non ten dúbidas da autoría. “Un compañeiro viu dous lobos atacando un pucho e o meu fillo chegou a gravar cinco exemplares xuntos”, explica. Moitos dos animais atacados tiñan apenas días de vida, o que dificulta mesmo o seu rexistro.

Os gandeiros alertan de que os lobos están a centrarse nas crías, máis vulnerables, aínda que temen que os ataques poidan estenderse ao gando adulto. “No inverno xa teñen matado algunha besta”, engaden.

Máis alá do impacto emocional, subliñan as perdas económicas que supón cada ataque. Segundo explican, un xato que agora pode valer arredor de 200 euros acada en poucos meses un valor de entre 500 e 1.000 euros, fundamental para a economía das explotacións.

Os comuneiros recoñecen que a presenza do lobo é histórica na zona, pero consideran que os ataques aumentaron nos últimos tempos, en parte polo abandono do monte. Por iso, reclaman ás administracións medidas urxentes como rozas, queimas controladas e autorización de batidas.

Ao seu xuízo, estas actuacións permitirían compatibilizar a actividade gandeira coa presenza da fauna salvaxe nunha contorna como a da Curota.

TVG

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.