Comeza a conta atrás para o Festival Horreo Vivo, no Araño a partir deste venres

20 Maio 2026

Esta fin de semana, o venres e o sábado, vaise celebrar unha das grandes celebracións do Barbanza nesta tempada pre-veraniega: o Festival Hórreo Vivo, evento cultural, gastronómico, lúdico e musical organizado pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia (Araño) coa colaboración do Concello de Rianxo. As actividades focalizaranse novamente na Carballeira de Baia, en Araño. Todo o programa será balde para veciños e visitantes.

O venres 22 o festival inclúe unha sesión de teatro infantil ás 21.30 horas, coa peza O Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa, a cargo de Teatro Calavera. Logo haberá un obradoiro de pasta de azucre e a partir das 23.00 horas a exhibición Ceima Rimas (o primeiro e único proxecto colectivo dedicado en exclusiva ao rap improvisado (freestyle) en lingua galega, co obxectivo principal é impulsar o uso social do galego entre a mocidade a través do hip-hop).

A banda galega Grande Amore nunha fotografía de Aigi Boga

O sábado 23 de maio a festa comezará ás 10.30 horas cunha andaina guiada con saída dende o Hórreo de Araño. Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú coa Orquestra Neverloura e logo un xantar con churrasco, paella ou polbo. Incluirá unha sobremesa con Os Pequenos do Barbansa. Haberá postos de artesanía, unha foodtruck de Chichalovers e Pizzas do País. Pola tarde, a partir das 16.30 haberá xogos populares para persoas de todas as idades con Vai de Vai. Ás 18.00 horas celebrarase unha degustación de produtos de Da Veiga, e Bodegas Lodeiros. Pola noite, a partir das 22.00 horas haberá un concerto con algúns dos artistas e agrupacións de meirande nome actual na música galega: Sés, Grande Amore, Alana e Kike Varela.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.