Callejeros Boiro apela á solidariedade cidadá (e ás doazóns) dende a súa tenda da rúa Estatuto de Galicia

13 Maio 2026

A entidade animalista Callejeros Boiro comunicou o horario e actividade da súa tenda solidaria na vila destinada a recadar fondos e apoios para o seu importante traballo pola poboación gatuna local e pola súa calidade de vida.

A tenda solidaria naceu, en palabras da asociación, cunha “idea moi sinxela”: darlles unha segunda oportunidade ás cousas que xa non usamos ou necesitamos “mentres axudamos tamén aos nosos peludos”. Todo o recadado destinarase integramente ao coidado dos gatos, cubrindo alimentación, area, gastos veterinarios e todo o necesario para que poidan seguir adiante mentres esperan un fogar. A tenda está en Estatuto de Galicia, 29, en Boiro.

Horario

Luns e Martes de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00.

Os mércores pechado.

Xoves e Venres de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00.

Sábado de 11.00 a 13.00

A asociación tamén agradeceu nas redes, en nome de Callejeros Barbanza e Callejeros Boiro, o apoio da Deputación da Coruña por “concedernos outro ano máis unha subvención que nos axuda a manter e seguir no noso labor atendendo as necesidades dous gatos da contorna que están baixo o noso coidado”. E engaden: “Seguimos mantendo as forzas e a ilusión coa que comezamos este proxecto e queremos tamén aproveitar este momento para convidar a calquera que queira unirse a esta familia a axudar aos peludiños facéndose voluntari@s”

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.