O sábado 30, San Fernando, continuará a influencia das altas presións sobre Galicia, o que deixará unha mañá con brétemas costeiras e nubes baixas en todo o litoral, mesmo con risco dalgún orballo puntual.
Co avance do día, estas nubes irán disipándose e abriranse claros, con ceos máis despexados e presenza de nubosidade media e alta. As temperaturas baixarán lixeiramente e os ventos soprarán do norte-nordés, frouxos en xeral e moderados no litoral.

O noso mar; vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



