Boiro será unha sedes galegas da estrea do filme “Os soños que compartimos”, de Valentina Leduc Navarro

18 Maio 2026

A cienasta mexicana Valentina Leduc presenta en Galiza a súa opera prima como directora: Los sueños que compartimos. Trátase dun documental rodado entre a nosa terra, Alemaña e México e que chega ao noso país logo de ter recibido o Premio de Estudios Splendor Omnia do Festival Internacional de Cine de Morelia, e de incluírse na 15ª edición do FICUNAM e na Primavera Documental do DocsMX (todos eles en México) e despois dunha intensa xira por Europa que o levou a máis de 20 cidades de Alemaña, Bélxica, Francia e Grecia.

Los sueños que compartimos proxectarase o próximo 21 de maio na sala Numax, en Santiago de Compostela, e nos seguintes días en Ferrol, e Boiro, para rematar o 24 en Vigo, sempre coa presenza da directora.

Xoves 21 de maio 19h – Numax – Santiago de Compostela
Venres 22 de maio – CS Artábria – Ferrol
Sábado 23 de maio 17h – CS Cespón – Boiro
Domingo 24 de maio 19h – CS A Nubeira – Vigo

Nun panorama saturado por narrativas distópicas, Os soños que compartimos, debut como directora dunha das figuras máis influentes no cine documental de México das últimas décadas, suxire un utópico 2050, ofrecendo unha ollada retrospectiva que debulla diferentes logros sociais, ambientais e políticos grazas á fórmula da organización comunitaria.

Cunha traxectoria que inclúe catro premios e cinco candidaturas da Academia Mexicana de Artes e Ciencias Cinematográficas, Valentina Leduc Navarro deixou a súa pegada en películas de cineastas fundamentais do cinema americano. Foi xurado en diversos festivais e compartiu a súa visión en seminarios e obradoiros, tanto en México como no estranxeiro.

Los sueños que compartimos é o seu paso natural cara á dirección, sen abandonar a sensibilidade que sempre caracterizou a súa ollada como editora, debutando cunha historia imprescindíbel de resistencia.

O documental conta con fotografía de Juan Carlos Rulfo, música orixinal de Leonardo Heiblum e Natalia Pérez Turner, e foi producido por un equipo de importante traxectoria no cine mexicano: Bertha Navarro, Alejandro Springall, Carolina Coppel, Eduardo Díaz Casanova e Mariana Castro.

Filmado en máis de dez locacións en México e Europa, Los sueños que compartimos traza una xeografía de resistencias e esperanza que une territorios, linguas e loitas: desde os Caracois Zapatistas en Chiapas, que propoñen o traballo común, horizontal, sen propiedade privada; medioambientais
acompañando en Lützerath, Alemania, a activistas que enfrontan á mineira de carbón máis grande de Europa; en Froxán, Galicia, a centos de familias que reconstrúen o bosque ancestral que foi reemprazado polo monocultivo do eucalipto; e en Puebla, México, onde as comunidades Cholultecas loitan por recuperar a auga, o territorio e a dignidade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.