Atopan sen vida a muller desaparecida en Portosín tras un operativo de busca en Porto do Son

02 Maio 2026

Unha muller que permanecía desaparecida desde a noite do venres foi atopada sen vida na mañá deste sábado en Porto do Son, concretamente na parroquia de Portosín.

Segundo informou o 112 Galicia, a alerta pola desaparición rexistrouse arredor das 22:00 horas. De inmediato activouse un operativo de busca no que participaron efectivos da Garda Civil e do GES de Noia, aínda que os primeiros rastrexos realizados durante a noite non deron resultado.

Xa na xornada deste sábado, o dispositivo retomouse coa incorporación da Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias, co obxectivo de ampliar a área de procura.

Finalmente, contra o final da mañá, foron uns veciños quen localizaron o corpo da muller nunha zona próxima a un regato. Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento, sen posibilidade de intervención para salvarlle a vida. As circunstancias do suceso están a ser investigadas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.