As zonas de baño de Ribeira acadan a cualificación “Excelente”

30 Maio 2026


O Concello de Ribeira recibiu notificación da Xefatura Territorial da Consellaría da Sanidade con relación á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio na pasada tempada e vixente para este 2026. Tódalas praias valoradas reciben a cualificación de “Excelente” segundo o sistema de cálculo da Directiva 2006/7/CE. No estudo avaliáronse 17 zonas do litoral ribeirense: A Ameixida, A Corna, A Muralla, Area Secada, Balieiros, Baluarte, Castiñeiras, O Castro-A Catía, Coroso, Corrubedo, Mosqueiros, O Porto, O Prado, O Touro, dúas áreas de O Vilar e Río Azor.

A alcaldesa, María Sampedro, enxalza a calidade da contorna marítima, pois “temos unhas praias excelentes para desfrutar, para pasear, para descansar e, con estes resultados nas que acadamos a máxima cualificación, tamén garante uns excepcionais areais para o baño agora no verán”.

Estes datos son públicos e poden ser consultados a través da páxina web da Consellaría da Sanidade, dentro do apartado da Sanidade Ambiental e do Sistema de Información Nacional de Augas de Baño (Náyade).

Praia do Castro-Catia, á esquerda, e praia de Castiñeiras á dereita

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.