As tecedeiras e o seu legado centran este martes unha conferencia en Noia

04 Maio 2026

Este martes 5 de maio ás 20:30 h a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Casa da Cultura de Noia) acollerá a conferencia que ten por título Tecedeiras: arte e talento na sombra.

A charla será impartida polo arqueólogo e investigador Manuel Rodríguez Calviño, nun encontro que achegará ao público ás creacións e ao legado das tecedeiras, poñendo en valor o seu traballo e a súa importancia na nosa cultura.

A actividade vén da man do Club de Lectura María Mariño en colaboración co Concello, que lembra que estamos ante “unha oportunidade única para descubrir a historia e o talento oculto detrás da arte do tecido”.

Manuel Rodríguez Calviño é un dos grandes expertos galegos no legado das tecedeiras. Conta cunha colección formada por máis de cento setenta pezas de tecido popular galego, entre as que destacan os máis de cento dez cobertores e alfombras. Trátas dunha das maiores coleccións privadas en Galicia, na que están presentes obras de toda a xeografía e están representadas a práctica totalidade das técnicas, tecidos e materiais empregados polas nosas tecedeiras ata ben andada a metade do século XX.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.