As Rías Baixas e Santiago afrontan un venres caloroso con risco de chuvascos treboentos pola tarde

21 Maio 2026

Este venres 22, Santa Rita, teremos unha xornada marcada por un aumento da inestabilidade atmosférica, especialmente durante a segunda metade do día,  máis probables no interior pola tarde e noite.

A mañá comezará con presenza de nubes altas en boa parte da comunidade, aínda que co paso das horas irán medrando nubes de evolución que darán lugar a chuvascos treboentos, máis probables nas zonas do interior durante a tarde e a noite.

As temperaturas continuarán en ascenso, cun incremento entre lixeiro e moderado que deixará rexistros elevados para esta época do ano(29 a 30 graos).

En canto ao vento, soprará frouxo e de dirección variable ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.