As Aulas Sénior de Padrón organizan novas actividades deportivas para maiores en xuño e xullo

07 Maio 2026

O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, porá en marcha un novo programa de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior durante os meses de xuño e xullo.

A iniciativa, integrada nas Aulas Sénior de Padrón, busca promover o benestar físico e emocional das persoas maiores mediante propostas adaptadas ás súas necesidades.

O programa inclúe sesións de ximnasia de mantemento con dous grupos en horario de mañá, de 9.15 a 10.15 horas. Un deles desenvolverase os luns e mércores, mentres que o segundo terá lugar os martes e xoves. Cada grupo contará cun máximo de 30 prazas.

Ademais, ofertaranse camiñadas saudables os martes e venres entre as 9.00 e as 10.30 horas, tamén cun límite de 30 participantes.

O prazo de inscrición abrirase o próximo mércores 13 de maio. As persoas interesadas poderán anotarse no Centro Social – Aulas Sénior de Padrón, situado no Campo do Souto, ou a través do teléfono 981 811 329. O custo da actividade será de 5 euros por persoa.

Con esta proposta, o Concello reafirma o seu compromiso co envellecemento activo, a promoción de hábitos de vida saudables e a creación de espazos de convivencia e socialización para a veciñanza maior.

Outros artigos

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...