Ampliado un mes o prazo de extracción de mexilla en banco natural ata final de xuño

28 Maio 2026

A Consellería do Mar ampliou un mes o prazo para a extracción de cría de mexilla en banco natural, estendéndoa excepcionalmente durante todo o mes de xuño tras alcordalo na Comisión do Mexillón.

A campaña, que remataría o 31 de maio, prorrogaase así para facilitar o abastecemento e garantir a produción das bateas galegas, segundo confirmou a conselleira Marta Villaverde nunha xuntanza na que tamén participou o director xeral de Pesca, Isaac Rosón.

O encontro serviu tamén para avanzar na elaboración do futuro Decreto de Acuicultura de Galicia, un marco normativo que o Goberno galego desenvolve conxuntamente co sector para consolidar a ordenación, sustentabilidade e modernización da acuicultura mariña.

Paralelamente, a Comisión analizou a evolución do episodio de biotoxinas que nas últimas semanas pechou todos os polígonos de mexillón. constátase unha tendencia favorable polo descenso da microalga Dinophysis acuminata, o que permitiu reabrir hoxe o polígono Sada 2 na ría de Ares-Betanzos e unha zona de extracción de moluscos infaunais na ría de Pontevedra.

Non obstante, os técnicos do Intecmar advirten de que as condicións meteorolóxicas actuais non favorecen a rápida renovación da auga nas rías, polo que o proceso de desintoxicación natural dos bivalvos será lento.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...