Aguiño celebrou ao grande as Letras Galegas da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño

21 Maio 2026

O pasado domingo 17 de maio tivo lugar en Aguiño (Ribeira) a celebración do Maio Cultural organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño. Segundo fixo saber a directiva da AFLM, a cita festivo-cultural foi “un éxito rotundo” grazas en boa medida á participación dun milleiro de persoas ao longo da xornada, de 16:30 a 21:00 h.

A vertente lúdica da celebración incluíu inchábeis, xogos populares como birlos, ra, chaves de pa e de pe ou zancos; unha xornada-obradoiro de debuxo infantil na Casa da Cultura Manuel Ayaso con récord de participación, que se saldou con máis de 200 debuxos (que esgotaron as mochilas neveira serigrafadas para a ocasión e realizadas pola asociación); tamén se entregaron chocolates e lambetadas que doou o Gadis e sorteáronse entre todos os participantes varios lotes de libros infantís e xuvenís na nosa lingua.

Ademais, actuaron as cantareiras infantís de Bailadela e as adultas As sete Linguas da propia asociación Francisco Lorenzo.

A xornada rematou co espectáculo de maxia Don Gelati do mago Dani García.

A festa incluíu actividades ao aire libre no parque da Tasca con música en galego durante toda a xornada. Na festa participaron as concelleiras de Cultura, Educación e Festexos xa que o Concello de Ribeira, ao igual que a Deputación da Coruña, colaborou coa asociación na organización da celebración.

A presidenta da AFLM, Elvira Pisos, e varios membros da directiva como Maria Dolores Ayaso, Pilar e Rosa Millet, Teruca e Moncha Sampedro, Carmen Caneda ou Unai González encargáronse da colocación dos debuxos facendo unha pequena mostra que estará todo mes de maio na Casa da Cultura Manuel Ayaso, da entrega dos agasallos ou do sorteo dos libros entre outras tarefas.

A asociación quixo agradecer aos patrocinadores do proxecto anual da AFLM a súa axuda que permite a realización desta e outras actividades na vila de Aguiño, como CONRESA, Farmacia David Mariño de Aguiño, Digar de Artes, Restaurante Punta Couso, FRIPUSA, Combustibles Puebla ou Fabri Barbanza.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...