A Xunta impulsa unha senda peonil e ciclista de máis de 4 km na AC-550 ao seu paso por Porto do Son

04 Maio 2026

A Xunta de Galicia aprobou provisionalmente o proxecto para someter a información pública a construción dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada AC-550 ao seu paso por Porto do Son. A actuación contará cun investimento superior aos 2,6 millóns de euros e busca mellorar a mobilidade e a seguridade viaria no municipio.

O proxecto contempla dous treitos diferenciados. O primeiro desenvolverase pola marxe esquerda da vía, cunha lonxitude de algo máis dun quilómetro entre Linteiros e A Gafa, conectando coas beirarrúas que se estenden ata Portosín. O segundo discorrerá pola marxe dereita, entre Freixedo e o Campo do Prado, cun itinerario de arredor de 3,2 quilómetros, aínda que nun pequeno tramo non será posible actuar pola presenza dunha edificación.

A senda terá un ancho de máis de dous metros e executarase en paralelo á estrada, cun pavimento de formigón en cor terriza. O proxecto inclúe tamén melloras na drenaxe, a construción de pasarelas para salvar cursos fluviais como o río Ornanda e o río Quintáns, así como a adaptación de paradas de autobús para facer máis accesible o transporte público.

Para levar a cabo as obras será necesaria a expropiación de 26 parcelas, cunha superficie total de 687 metros cadrados. O proxecto será sometido a información pública durante un prazo de 30 días.

A previsión da Xunta de Galicia é aprobar o trazado no terceiro trimestre do ano e contar co proxecto construtivo no último trimestre, cun prazo estimado de execución das obras de 14 meses. Esta actuación enmárcase na estratexia do Goberno galego para impulsar unha mobilidade máis segura e sostible nos municipios.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.