A Xunta e a confraría de Aguiño estudan novas melloras portuarias para apoiar ao sector pesqueiro

07 Maio 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este xoves o porto de Aguiño para manter unha reunión coa confraría de pescadores e avanzar en distintas actuacións destinadas a mellorar as infraestruturas portuarias vinculadas á actividade profesional.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, a titular de Mar destacou a colaboración entre a administración autonómica e o sector para definir as principais necesidades da dársena ribeirense.

Entre as actuacións abordadas figura a mellora da instalación de subministración de auga salgada da zona de tratamento do percebe situada no interior da lonxa. Segundo explicou a conselleira, Portos de Galicia está a traballar nun novo deseño do sistema e xa se acordou coa confraría a incorporación dunha nova bomba para optimizar o seu funcionamento.

Ademais, durante o encontro analizáronse distintas alternativas para a reforma da nave de redes, un proxecto que podería optar a financiamento a través dos fondos GALP ou do plan de equipamentos portuarios con fondos FEMPA.

Outro dos asuntos tratados foi a reparación da zona de rampla somerxida do porto. A conselleira ratificou o compromiso de Portos de Galicia para executar esta actuación, despois de terse completado xa os traballos na parte terrestre da infraestrutura. A intervención na zona mergullada adaptarase aos tempos marcados pola actividade profesional da frota.

Por último, tamén se abordaron as necesidades de atraque das embarcacións da zona. Neste sentido, Portos de Galicia comprometeuse a estudar e presentar a alternativa tecnicamente máis viable para dar resposta ás demandas do sector pesqueiro local.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...