A Xunta aproba a senda peonil e ciclista na AC-550 en Outes cun investimento de máis de 1,3 millóns de euros

25 Maio 2026

A Xunta de Galicia vén de dar luz verde a unha nova actuación en materia de mobilidade sostible no concello de Outes, coa aprobación definitiva do proxecto de trazado dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-550, cun investimento superior aos 1,3 millóns de euros.

A intervención permitirá habilitar un itinerario mixto de preto de 2,3 quilómetros de lonxitude, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 62+120 e 64+410, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos a pé e en bicicleta entre Cruceiro de Roo e o núcleo urbano da Serra de Outes.

O proxecto, impulsado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a través da Axencia Galega de Infraestruturas, prevé a execución dunha senda adxacente á estrada autonómica, mantendo o seu trazado. Terá un ancho de 2,5 metros e discorrerá inicialmente pola marxe esquerda nun pequeno tramo para continuar pola dereita, conectando as beirarrúas do núcleo rural de Viro co inicio da travesía urbana.

A actuación inclúe tamén medidas para garantir a accesibilidade e a integración coa contorna, como a adaptación de accesos ás parcelas, a colocación de pavimento podotáctil nos cruces e a execución de sistemas de drenaxe. Ademais, incorporarase unha canalización soterrada para redes de telecomunicacións co fin de minimizar futuras afeccións.

O pavimento da senda será de formigón coloreado en ton terrizo, cunha base en formigón gris, e contará cunha beiravía sobreelevada de 50 centímetros, que se adaptará nos accesos. O prazo estimado de execución das obras é de 12 meses.

A aprobación do proxecto implica tamén a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos 98 predios necesarios para levar a cabo a intervención. A Xunta prevé aprobar o proxecto construtivo no segundo semestre deste ano, paso previo á licitación das obras.

Esta actuación contará con financiamento europeo a través do programa Feder 2021-2027 e enmárcase na estratexia autonómica para reforzar a seguridade viaria e avanzar cara a unha mobilidade máis sostible e integrada no territorio.

Outros artigos

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...