A U.D. Queiruga celebrará a súa primeira festa con andaina, xuntanza cabalar, churrascada e música

29 Maio 2026

A U.D. Queiruga celebrará este 30 de maio a súa primeira festa, unha xornada que combinará deporte, gastronomía e música no Campo de Fútbol municipal.

O programa comezará ás 10:00 horas cunha andaina con dúas modalidades, unha curta de 8 quilómetros e outra longa de 13, seguida dunha xuntanza cabalar con 20 quilómetros de ruta pola contorna. A organización lembra que cada xinete fará cargo dos danos que poida ocasionar o seu cabalo.

Xa ao mediodía, ás 14:30 horas, celebrarase a gran churrascada e paella, con comida con reserva e un menú de churrasco, criollo, paella e postre por 20 euros, bebida non incluída. Os menores de 12 anos pagarán 12 euros.

A tarde continuará ás 17:00 horas cun bingo infantil de máis de cinco sortes e, ás 20:00 horas, terá lugar a gran festa coa actuación de Mateo Abelleira e DJ Ysius. A organización mantén aberto o prazo de inscrición e compra de tickets por correo, por teléfono e tamén no bar consultorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.