A tradicional procesión das Fillas de María recorre Ribeira este domingo

30 Maio 2026

Cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX a Parroquia de Santa Uxía de Ribeira celebra este derradeiro domingo de maio a tradicional procesión da Carroza, en honor á Virxe María. Neste desfile de nenas e nenos, ataviadas como anxiños, réndese homenaxe a María nunha cerimonia moi activa, coa melodía do “triunfi gloria”.

As rúas máis céntricas de Ribeira acollerá as 12 horas deste domingo unha edición máis da centenaria procesión da Fillas de María. Trátase dun dos actos relixiosos máis esperados polas nenas que cumpren os catro anos, ás que as súas nais xa apuntan ao pouco de nacer para formar parte desa congregación.

Tamén é moi agardada polos seus familiares que deciden acompañalas da man ou a escasos metros para velas desfilar sobre o pavimento ou sentadas na carroza sobre a que vai colocada a imaxe da Virxe e que é arrastrada por varios mozos.

A procesión percorrerá as rúas da capital a partir das 13 horas deste domingo. Previamente as 12 celebrarase a misa solemne.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...