A Romaría de Exipto achega a tradición ao alumnado do CEIPP de Abanqueiro cunha “pequena romaría”

14 Maio 2026

A Comisión de Festas de Exipto organizará o vindeiro 15 de maio a Pequena Romaría de Exipto (Boiro), en colaboración co CEIPP de Abanqueiro, nunha iniciativa pensada para achegar a tradición, a música e a historia da romaría ás novas xeracións.

A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 13:00 horas e contará coa participación do alumnado, profesorado e familias que desexen asistir. Durante a mañá realizaranse diferentes obradoiros relacionados coa cultura e identidade da romaría, entre eles actividades de baile, instrumentos tradicionais e historia da celebración.

Ademais, celebrarase un concurso de debuxo coa colaboración de JEALSA a través do seu programa de RSC We Sea, no que os traballos gañadores serán publicados na tradicional Folla Parroquial da Romaría de Exipto, que verá a luz durante a celebración da romaría na primeira fin de semana de agosto. Todos os debuxos participantes tamén estarán expostos no Monte de Exipto durante esas xornadas festivas.

A xornada rematará arredor das 12:30 cunha pequena merendola para todas as persoas asistentes, que contará con empanadas doadas por Chicolino e froita cedida por Mi Frutería.

A música correrá a cargo da Agrupación Tradicional A Dorniña de Abanqueiro, que amenizará a mañá nun encontro pensado para compartir tradición, convivencia e comunidade.

“Desde a Comisión de Festas destacamos a importancia de manter viva a esencia da Romaría de Exipto tamén ao longo do ano e de transmitir ás crianzas o valor dunha celebración con máis de cen anos de historia, profundamente ligada á parroquia de Abanqueiro e á súa veciñanza”, informaron dende a Comisión, que lembra que a seguinte actividade organizada pola entidade veciñal será a Foliada de Exipto, que se celebrará o vindeiro sábado 30 de maio a partir das 19:30 horas no Centro Social de Abanqueiro. A cita contará con actuacións de diferentes grupos de música tradicional galega, ademais do xa tradicional bocata de luras, presente nas edicións anteriores. A festa rematará coa sesión do DJ Suso Jalaiko, encargado de pechar unha noite pensada para seguir facendo comunidade arredor da música e da tradición popular galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.