A rapazada do Colexio Salustiano Rey Eiras e Comunidade de Montes Barbanza de Lesón plantan máis de medio cento de castiñeiros

07 Maio 2026

A Comunidade de Montes Barbanza de Lesón (A Pobra do Caramiña) deu comezo ás actividades de plantación escolar deste 2026 coa participación do alumnado do Colexio Salustiano Rey Eiras (A Pobra). Nesta iniciativa participaron os alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria, que ao longo da mañá deste xoves 7 de maio realizaron a plantación dun total de 52 castiñeiros. A xornada permitiu que os nenos e nenas coñecesen de primeira man a importancia da conservación dos montes, da recuperación das especies autóctonas e do respecto polo medio natural, ao mesmo tempo que colaboraban activamente nun proxecto real de mellora ambiental.

A actividade contou tamén coa colaboración do Distrito Forestal, participando axentes forestais, motobombistas e bombeiros forestais, así como do Concello da Pobra, participando a técnica do medio ambiente, que quixeron sumarse a esta iniciativa de concienciación ambiental e recuperación do monte. Ao longo da mañá, os nenos e nenas realizaron tarefas de preparación do terreo, plantación e rega, sempre acompañados polos profesionais e o profesorado do centro educativo. Así como tamén estiveron a escoita dunha charla impartida polos profesionais.

Ao remate da xornada, cada neno e nena recibiu unha gorra, un diploma e un pequeno agasallo como recoñecemento á súa colaboración na creación deste novo souto. Desde a Comunidade de Montes Barbanza de Lesón quixeron agradecer a implicación do alumnado, profesorado e das distintas entidades colaboradoras, destacando a importancia de fomentar entre os máis novos o coidado e respecto polo medio natural. Ademais, a entidade anunciou que esta actividade terá continuidade o próximo xoves, día 14 de maio, coa participación dos alumnos e alumnas do Colexio Pilar Maestú Sierra, que tamén formarán parte desta iniciativa de recuperación e conservación do monte.

“Con este tipo de accións, a nosa Comunidade de Montes reafirma o seu compromiso coa protección ambiental, a recuperación dos espazos naturais e a educación das futuras xeracións na importancia de conservar e valorar os recursos naturais do territorio”, engadiron dende a entidade ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.