A Pobra acolle unha xornada clave de aprendizaxe e prevención do suicidio

19 Maio 2026

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional estivo na Pobra este martes 19 de maio levando a cabo unha xornada clave de aprendizaxe e prevención do suicidio.

O salón de actos da Biblioteca Municipal encheuse nunha mañá marcada pola escoita activa, a sensibilidade e a necesidade de romper tabús en torno a unha realidade complexa pero “da que é urxente falar”, segundo fixo saber na sesión a psicóloga palmeirá Carmen Hermo, encargada de impartir a xornada.

Durante dúas horas de intensa formación e intercambio de experiencias, as persoas participantes puideron adquirir coñecementos e ferramentas prácticas divididas en catro bloques esenciais: acompañamento pos-intento (como coidar, apoiar e soster de xeito seguro a unha persoa que pasou por intentos autolíticos), entender a realidade (desmitificar e comprender mellor o que supón a morte por suicidio no noso contexto actual), identificar os factores de risco (aprender a detectar os sinais de alerta e entender as causas subxacentes de por que se chega a esta situación) e ferramentas de prevención (claves prácticas para actuar a tempo dende o tecido social e familiar).

A resposta do público demostrou que a prevención non é só unha tarefa clínica, senón “un compromiso colectivo”, explicou Ambar logo da xornada, poñendo o foco na importancia de “crear espazos coma este, onde se poida aprender a coidar mellor de nós mesmos e dos que nos rodean, que son o primeiro paso para construír unha sociedade máis empática e segura”.

Esta actividade foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e ós Fondos Europeos da Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.