A Piscina Municipal de Senra (Rois) abrirá o 1 de xullo cun novo sistema de acceso mediante pulseira e descontos nos abonos de tempada

29 Maio 2026

O Concello de Rois abrirá o 1 de xullo a Piscina Municipal de Senra, dando inicio a unha nova tempada de verán que se prolongará ata o 31 de agosto. As instalacións volverán ofrecer unha alternativa de ocio, deporte e lecer para a veciñanza durante os meses máis calorosos do ano.

Como principal novidade desta campaña, o Concello implantará un novo sistema de acceso mediante pulseira identificativa con ficha electrónica, que permitirá unha entrada máis cómoda e áxil ás instalacións.

A piscina contará con dous horarios diferentes ao longo do verán. Entre o 1 de xullo e o 15 de agosto abrirá de 16.00 a 21.00 horas, mentres que do 16 ao 31 de agosto o horario será de 16.00 a 20.30 horas.

En canto ás tarifas, os menores de ata 4 anos poderán acceder gratuitamente. Para os nenos e mozos de 5 a 17 anos, o prezo será de 1 euro ao día ou 12 euros o abono de tempada. As persoas de 18 anos ou máis deberán abonar 2 euros por día ou 25 euros polo abono de tempada. Ademais, establécese un abono familiar de 37 euros para toda a tempada.

O Concello tamén aplicará un desconto do 15 % nos carnés de tempada destinados a familias numerosas, familias monoparentais ou aquelas que conten con algún membro cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Solicitude dos carnés

As persoas interesadas en obter a pulseira de acceso poderán tramitar a súa solicitude enviando un correo electrónico a inscricions@rois.gal a partir do 1 de xuño, indicando o nome, apelidos, DNI, data de nacemento e enderezo das persoas solicitantes.

A recollida realizarase a partir do 22 de xuño no multiusos de Rois.

Para máis información ou para tramitar os carnés, a veciñanza pode dirixirse ao multiusos de Rois, escribir ao correo inscricions@rois.gal ou chamar ao teléfono 981 816 061.

Desde o Concello de Rois destacan que a piscina municipal de Senra continúa sendo un dos espazos de referencia do verán no municipio, ofrecendo unha proposta accesible para todas as idades e fomentando hábitos de vida saudables, a convivencia e o desfrute do tempo libre durante a época estival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...