A Deputación investiu en Outes máis de 8 millóns en nove anos a través do Plan Único

18 Maio 2026

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos da Deputación da Coruña, Cristina García Rey, visitou este luns 18 de maio o concello de Outes nunha xornada de traballo institucional para coñecer sobre o terreo distintas actuacións financiadas ao abeiro do Plan Único (POS).

A visita comezou cun encontro na Casa do Concello co alcalde, Francisco Calo Abelleira (PP), e membros da Corporación municipal. Na visita tamén estiveron presentes Domingo Antonio Troncoso, concelleiro de Urbanismo; Sol Agra, concelleira do BNG e deputada provincial; Alba Quintela, de Compromiso por Outes; e Antonio Caamaño, concelleiro non adscrito.

Durante a xornada, a comitiva desprazouse para supervisar varias obras executadas no municipio con financiamento provincial. Entre elas, o acondicionamento da planta superior do antigo colexio do Cruceiro de Roo para convertela en escola de música, unha actuación cun investimento de case 130 000 euros.

Tamén coñeceron as obras de construción de beirarrúas no Cruceiro de Roo, cun importe de preto de 65 600 euros, así como actuacións de pavimentación de viarios e a mellora do alumeado deportivo no Campo de Fútbol de Outes, cun investimento de algo máis de 51 000 euros.

Durante a visita, Cristina García destacou Outes recibirá este ano “1,4 millóns de euros ao abeiro do Plan Único, entre o POS inicial e o adicional que se acaba de aprobar”, uns fondos que poden destinarse “a obras, servizos sociais ou gasto corrente”. A responsábel provincial incidiu ademais en que o POS “é unha ferramenta indispensábel para a supervivencia dos concellos, especialmente dos máis pequenos, se ben as dificultades de financiamento afectan o conxunto dos municipios”.

Lembrou que desde a posta en marcha do Plan Único no ano 2017, o Concello de Outes recibiu un total de 8,03 millóns de euros da Deputación da Coruña. Desta cantidade, máis de 5,2 de euros destináronse a investimentos en obras e infraestruturas municipais, algo máis de 2 millóns foron para gasto corrente e preto de 482 000 euros para gasto social.

Ao longo destes anos aprobáronse 79 actuacións no municipio, permitindo executar melloras en viarios, abastecemento, saneamento, equipamentos públicos e instalacións deportivas en distintas parroquias e núcleos do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.