A 2ª edición de “Di-versos” conta coa participación de tódolos centros de educación primaria de Ribeira

01 Maio 2026

O Concello de Ribeira executa a segunda edición do proxecto Di-versos. Cancións diversas pola diversidade, o cal conta coa participación de tódolos centros de educación primaria do municipio, con alumnado de 3º ciclo (preferentemente 5º ou 6º curso). Nesta semana estívose traballando co CEIPP de Palmeira.

A dita iniciativa, financiada ao abeiro do Plan Corresponsables, ten como obxectivos marcados “a toma de conciencia da diversidade natural, social e cultural dende unha perspectiva de xénero e de dereitos da nenez; promover valores de igualdade, corresponsabilidade e coidados; reflexionar sobre usos do tempo, roles de xénero e masculinidades igualitarias; crear unha canción que aborde a diversidade con enfoque nas temáticas do Plan Corresponsables; e divulgar esta melodía no centro, na comunidade educativa e polas redes sociais como exemplo de boas prácticas en igualdade”.

Abórdanse, polo tanto, as temáticas da igualdade de xénero; a corresponsabilidade; as masculinidades igualitarias e usos do tempo.

“Emprégase a música como unha ferramenta pedagóxica para educar á rapazada nos valores da igualdade de xénero e na corresponsabilidade. A educación é a base de todo”, sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño. Desenvolvemento da actividade

O proxecto atópase na metade da súa execución, finalizando no 12 de xuño. Realízanse dúas sesións de creación e gravación dunha hora cada unha, en horario lectivo, máis o traballo de edición final do material. Previamente, traballouse na aula a elaboración de ideas ou textos sobre as temáticas devanditas. Unha vez creadas, gravadas e editadas, as cancións divúlganse polas redes sociais do centro, do Concello e das entidades organizadoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...