Xoves de tempo variable, con nubes, claros e chuvascos illados pola tarde

29 Abril 2026

A xornada do xoves 30, virá marcada por un tempo variable nas Rías Baixas e na área de Santiago, nun contexto de certa inestabilidade atmosférica.

Durante a mañá, predominarán os ceos con abundante nubosidade, especialmente nas Rías Baixas, onde non se descartan precipitacións febles e ocasionais. Co avance do día iranse abrindo claros, deixando unha tarde máis luminosa en xeral.

En Santiago e no interior próximo, a situación será semellante, con nubes a primeiras horas e tendencia á mellora, aínda que non se descarta algún chuvasco illado pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen grandes cambios (17 a 19 graos). O vento soprará frouxo do sur-suroeste, con intervalos moderados no litoral das Rías Baixas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros.

Outros artigos

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...