Poucos cambios na situación meteorolóxica deste xoves, San Xurxo, en Galicia, que continúa nunha posición intermedia entre o anticiclón situado ao norte das Illas Británicas e unha baixa presión ao norte dos Azores.
Agárdanse néboas matinais en zonas do interior, que irán dando paso a ceos con presenza de nubes altas ao longo do día. Cara a últimas horas, non se descartan brétemas na costa, mentres que pola noite podería rexistrarse algún chuvasco illado e ocasional en áreas elevadas do leste.
As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso, nunha xornada na que os ventos soprarán frouxos e de dirección variable durante a mañá, virando a nordés pola tarde, tamén con carácter xeral débil.

O noso mar: vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.


