Xoves 16, néboas matinais e tarde máis soleada nas Rías Baixas e Santiago

15 Abril 2026

Galicia situarase nesta xornada nun escenario de transición entre altas e baixas presións, cunha progresiva influencia anticiclónica que favorecerá unha mellora do tempo co avance das horas.

Durante a mañá agárdanse néboas e nubes baixas en zonas do oeste e do interior, que irán disipándose para dar paso pola tarde a ceos máis abertos, con presenza de nubosidade alta. Na metade norte manterase unha maior presenza de nubes ao longo do día.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas sufrirán un lixeiro descenso, especialmente nas provincias atlánticas. Pola contra, as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado(18 a 20 graos), agás na metade norte da provincia de Lugo, onde se prevé unha baixada.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste-suroeste en xeral, con intervalos moderados na zona de Fisterra.

meteogalicia

O noso mar; vento do sur á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 4.5 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.