“Vicerreitorado” – Xulio Xiz

22 Abril 2026

Saber que o edificio vai volver a cobrar vida como residencia oficial de quen ocupe o vicerreitorado de Lugo, e que a Universidade de novo estará representada no antigo Pazo dos Montenegro, tendo á fronte a fachada da Catedral e ás costas a Muralla, séntame ben, alédame, e considero a decisión a demostración de que quen goberna a institución recobra o sentidiño.

Por economía ou decisión irracional como en tempos foi o “Calendario juliano”, a Universidade decidiu pegarse un tiro no pé dereito, pechou o edificio, e refuxiouse no recinto universitario que adrede se construíu lonxe para non ter problemas de expansión.

Hai pouco visitei o templo de Mitra existente no sochan do edificio, marabillándome de novo da excepcional riqueza que se conserva nas profundidades do que ata agora devira en antesala do monumento e tenda onde vender recordos. Todo é compatible se o edificio volve á nobreza coa que foi concibido, de acordo coa historia que protexe e a benéfica influencia que a Universidade ten que ter na vida da capital lucense.

Salvando as distancias, que a Universidade se teña refuxiado fóra da cidade, deixando baleiro o Vicerreitorado, é como se o bispado pechase a catedral e trasladase os cultos ao edificio do Seminario. Sei que nunha decisión tan inusitada, inconcibible, entrarían en xogo mecanismos, sentimentos e crenzas que converterían a arroutada nunha toleada aberrante. Pois o anterior equipo da Universidade xogou con especiais mecanismos, sentimentos e crenzas que, polo que se ve, non foi quen comprender nin valorar.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...