Venres Santo estable en Galicia baixo influencia anticiclónica

02 Abril 2026

Galicia estará durante o Venres Santo baixo a influencia dun anticiclón, o que deixará unha xornada de tempo estable en boa parte do territorio.

Nas primeiras horas do día poderán formarse néboas e nubes baixas en zonas do interior de Galicia, que irán desaparecendo co paso das horas para dar lugar a ceos xeralmente despexados. Ao longo da xornada agárdase tamén a entrada de nubes altas, sen consecuencias destacables.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas descenderán, con posibilidade de xeadas en áreas do interior, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso, deixando un ambiente máis agradable durante o día. (máximas de 22 graos).

O vento soprará frouxo do norte-noroeste en xeral, con intervalos de maior intensidade no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar: vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...